//
you're reading...
Informacion sobre as ITE's

Que é unha ITE ?

A ITE é unha inspección que teñen que pasar tódolos edificios para garantir e demostrar a seguridade da súa construcción. A deben pasar tódolas edificacións con independencia do uso que teñan (residencial, comercial, industrial, oficina,…) , en función do seu ano de construcción ou data da derradeira reforma.

A ITE contribúe deste xeito a anticipar problemas e riscos na seguridade estructural segundo o lema de mais vale prevenir… Deste xeito poderanse tomar medidas que impidan o deterioro do edificio pola deixadez dos seus propietarios ou que eviten reparacións mais complexas e custosas a lungo prazo acometendo reparacións inmediatas que eviten problemas. Supon unha garantía para os inquilinos de vivendas en aluguer que teñen deste modo unha acreditación do estado da vivenda que van arrendar.
O seu obxecto non abrangue todo o espectro do deber de conservación. O cumprimento do disposto na Ordenanza non poderá xustificar o incumprimento do réxime xeral dos deberes de conservación e mantemento da edificación.

About Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas

Tecnoloxías Abertas, Libres e Independentes

Conversa

1 thoughts on “Que é unha ITE ?

Deixar un comentario